Opinión

Martiño Noriega

MARTIÑO NORIEGA triunfaba como alcalde de Teo tras substituír a Armando Blanco, que foi o rexedor que abríu o seu municipio á especulación. Foron anos en que todo era parabéns por levar a intelixencia e o bo facer ao consistorio de Cacheiras. Agora en Santiago cóstalle atopar o aplauso dos medios que abundan en crónicas de escarnio e maldicir contando as súas decisións e as dos seus concelleiros de Compostela Aberta. Cada día ao remate da xornada imaxínomo de pé ante o ventanal que dá ao Obradoiro, canso e doído, laiarse como Josefa da Puebla, que cando a vida a contrariaba facía, en castelán (a lingua dos rezos para ela),  o lamento máis fermoso que pode facer quen se sente abandonado: “¡Ay,Dios, cuán alto estás!”.

Comentarios