Opinión

O camarón durmido

A IRRUPCIÓN de Podemos xera estratexias opostas no nacionalismo galego. A contorna de Age súmase ás 'mareas', mentres que o BNG ve un novo inimigo na esquerda, como foi o PCG nos afastados tempos da Transición e despois EU. A división pon en perigo a representatividade e influencia do nacionalismo na política autonómica e estatal. Para sobrevivir a este pulso orteguiano entre a nova e a vella política, que o deixa sen espazo e incluso os tilda de casta tralo seu paso pola Xunta, convén que os nacionalistas esquezan diferenzas e unan esforzos cun acordo de mínimos que lles permitise concorrer nas citas electorais posteriores aos comicios municipais. Xa se sabe que cando o camarón dorme, lévao a corrente.

Comentarios