Opinión

Pub sen lei

A WEB da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia indica na información sobre horarios de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos, que o de peche dos pubs é ás 04.00 horas. E digo eu... como é posible que na lucense rúa Castelao cada sábado esa sexa, como moi cedo e publicitada nalgunha rede social, a hora de apertura ao público do que segue a funcionar na zona? O peche varía entre as 07.00 e as 10.00 horas, segundo a presenza ou ausencia dos axentes, e a solución, din, é competencia duns, dos outros, ou dos de máis aló (por un baleiro legal?). Semella que algún empresario pode facer en Lugo (e seguramente noutras cidades galegas) o que lle sae do maxín. Non si? Non estaría de máis que a Administración autonómica, o Concello e a Policía Local tomasen cartas no asunto e deixasen de triunfar as copas. Denuncias hai, á espera de que se inicie algún procedemento.

Comentarios