martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

Depender do ceo

U n amigo cubano meu marchou emigrado a Canadá a mediados dos anos 2000. Coas primeiras nevadas, escribíanos a todos emocionado pola neve, algo que el nunca vira, e que o encheu de emoción. Lembro con certa graza que un par de meses despois, aquela emoción transformouse en odio visceral aos sabañóns, ao pelo conxelado e ao frío de menos 20 graos.

Seguro que o mesmo pasou estes días nas estradas españolas que quedaron cortadas pola neve e que provocaron que miles de persoas quedaran atrapadas un día e unha noite. A emoción dos primeiros copos logo se converteu nun inferno onde as persoas quedaban completamente illadas a pesares de estar a uns poucos quilómetros de grades cidades.

Desta vez as previsións alertaron a tempo e desta vez houbo un certo marxe de manobra para que todos puideramos actuar. As institucións, garantindo unha actuación máis eficaz para evitar os colapsos e, os condutores, facendo unha mellor previsión da viaxe.

A semana pasada todos os medios de comunicación recomendaban tentar no utilizar esas vías durante os momentos máis duros do temporal e foron moitos os consellos para a condución en circunstancias extremas. Aínda así, resulta imprescindible que se establezan os mecanismos necesarios para que as quitaneves puidesen pasar polas autovías, que as entradas ás áreas de servizo quedaran abertas e que se puidese chegar con auga e comida aos centos de coches atrapados.

Esta previsión é a que diferenza unha estrutura de emerxencia pública entre uns países e os outros. É certo que os colapsos por neve en Valencia pasan cada tres ou catro lustros, pero España xa sabe o que supón un bloqueo dunha arteria tan importante como unha autovía troncal. Por iso, segue sendo necesario modificar os protocolos de actuación para evitar este tipo de incidentes tan graves que provocan situacións de perigo de xeito innecesario.

Seguramente, nuns días nos esquezamos e comprobemos que non houbo ningunha traxedia digna de destacar. Sen embargo, xa son varias as ocasións nas que estamos tentando á sorte metereolóxica e non podemos deixar en mans do ceo o noso destino.

No ano 1952, unha néboa intensísima colapsou Londres, que xunto cos gases do carbón emitidos polas industrias supuxo a morte de 4.000 persoas e o peor episodio de contaminación atmosférica ata Chernobil. O presidente daquela era W. Churchill, que desprezou sistematicamente a todos os que lle pedían facer algo para solucionar unha situación que se estaba convertendo en dramática, cos hospitais colapsados. Sen embargo, a morte dunha colaboradora lle fixo dicir unha desas frases que pasaron á historia: «Non podemos evitar que haxa néboa, pero si que contaminemos dun xeito asasino», unha sentencia que marcou o orixe da Lei de Aire Limpo que se aprobou no parlamento británico no ano 1956.

Creo que aquel foi un bo inicio que deberamos repetir agora.

Depender do ceo
Comentarios