sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

A morte e a doncella

ESTA SEMANA foron protagonistas os nenos e as nenas por dúas malas noticias. Soubemos da morte dunha nena de 12 anos por intoxicación etílica e tamén descubrimos que o 40% dos rapaces e rapazas teñen un problema serio de obesidade.

Son dous problemas incomparables pero hai una serie de elementos que si son comúns aos dous. O máis importante é que fallaron estrepitosamente os mecanismos que a propia sociedade ten para evitar estas cousas. É obriga dos pais coidar aos nenos e se isto non funciona, a obriga pasa á familia; e se tan pouco funciona, entra o estado como garante de que os nenos e nenas teñan a mellor infancia posible; e se isto tampouco funciona entra o poder xudicial para tomar as medidas que sexan precisas.

O modelo está ben pero nestes dous casos non funcionou. no da rapaza de madrid que lamentablemente faleceu, nin os pais, nin a familia nin a estrutura do estado fixeron o que lles correspondía. O feito de que unha rapaza de doce anos teña problemas serios de alcoholismo non é só un asunto familiar, tamén o é de toda a sociedade que ten a obriga de coidar aos que non poden valerse por si sos. Soubemos que a malpocada da rapaza xa fora levada varias veces pola Policía á súa casa completamente bébeda e se a situación se repetiu ata a morte foi porque non fixemos ben o nosos traballo. Agora chegarán as sancións e os lamentos, pero cómpre facer unha reflexión importante sobre a responsabilidade social que se debera ter neste tema.

Os mesmos erros son os que están detrás da segunda das noticias. A obesidade infantil é unha enfermidade, que antes ou despois, vai provocar serios problemas de saúde e asistenciais.

Non discuto que os umbrais de obesidade non poden ser ríxidos e as variables ambientais e culturais son importantes. Sen embargo, achegámonos a unha liña vermella importante da que debemos escapar o máis axiña posible. E de novo hai uns mecanismos establecidos, pero que non están funcionando. Están os pais e as nais que non son capaces de reconducir os hábitos nutricionais dos seus fillos e fillas. Tamén están os responsables dos centros de ensino e de ocio dos nenos, que tenden a deixar nas mans das familias exclusivamente algo tan importante como a saúde dos pequenos. Non axuda tampouco moito o tecido industrial de lambetadas varias, que tamén tenden a centrarse en variables estéticas e saborosas deixando atrás as recomendacións nutricionais. O sistema sanitario alerta, seguro, en cada visita ao médico, pero ao final todo se queda en pequenos sustos que nunca acaban de meter medo de verdade.

No ano 1990, o dramaturgo chileno ariel Dorfman publicou a súa obra, “La muerte y la doncella”. Era a historia dunha muller torturada pola ditadura que se atopa casualmente co seu torturado varios anos despois. ela recoñece a súa voz e ten que buscar o xeito de demostrar quen era realmente aquel monstro. entre todos, tamén temos que desenmascarar a estes monstros que ataca aos nosos fillos e fillas.

A morte e a doncella
Comentarios