Opinión

Condena

OS ÚLTIMOS acontecementos precisan dunha profunda reflexión que debe ser global. Urxen as medidas e nunca acaban de chegan tras unha cascada de denuncias e reividicacións cada acción militar que ten lugar en Oriente Próximo. Resulta desolador e tráxico mirar a esa parte do mundo e comprobar como uns teñen todos os privilexios e outros tan so poden repeler as hostilidades, no mellor dos casos, ou resignarse a morrer porque na sua partida de nacemento reflexa Gaza e non Estado de Israel. E cuestión de tempo que algo suceda para que volvan a marcarse, a lume, as graves desigualdades.

A día de hoxe, a poucas persoas se lles escapa que as diferencias de residir a un lado e outro da fronteira suponen unha diferencia moi similar a vivir como un preso ou como un carceleiro. Realidades paralelas que conviven a escasos kilómetros. Resulta inaceptable que o país opresor reciba un incomprensible respaldo dunha boa parte da comunidade internacional, ben sexa explícitamente o coa complicidade do silencio. De momento, son incalculables as consecuencias do sucedido: a provocación dos Estados Unidos mudando a sua embaixada de Tel Aviv a Jerusalén, de inicio, dinamita os difíciles pasos andados. Uns pasos froito de anos esforzos para conquistar un estatus de paz.

A celebración das sete décadas de existencia do Estado de Israel pasará a formar parte dos libros da historia por unha lamentable regresión na pacificación da zona. Desgraciadamente, se trata dun feito triste e perdido no laberinto da infamia. Serán días inesquencibles por unha nova imposición do drama: máis de cincuenta falecidos e millares de feridos na rebelión dun povo que sinte unha asfixia que aumenta e que, cada vez, se fai máis irrespirable. En particular para país e nais palestinos. Dende fai tempo sospeitaban. Pero agora xa o teñen confirmado: ese proxecto de vida, chamado fillo ou filla, tamen é un obxectivo militar. Xa non caben dubidas. Catro cativos e unha nena perderon a vida. Nada se pode facer por recuperar as suas constantes vitales. E, ainda, flota no ambente unha luctuosa pregunta sen posible resposta: ¿por qué? "Inhalación de gases tóxicos ou por feridas de bala". Unha nova estratexía que busca enterrar prematuramente o futuro, atentar contra as novas xeracións ou incrementar o niveis de odio e a sede de venganza.

A vida da infancia non está blindado e respetado para un Estado que argumenta as suas decisións defendendo que as suas accións entran nos límites legais establecidos. ¿De qué tipo de xustiza estamos a falar? Da que permite o asesinato de seres indefensos, e obvia a protección da vida. Da que concede prioridad o xenocidio por enriba da solidariedade entre culturas e povos. ¡Sigamos chorando e lamentando este cruento escenario a golpe de tuit! Mentras, a inacción tamen nos condena.

Comentarios