Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Igualdade

A POBOACIÓN actual do Estado Español supera os 45 millóns e medio de persoas e aproximadamente, segundo os datos oficiais, o 50,5% son mulleres, mulleres que traballan, estudan, coidan dos seus fillos, opositan, fan os labores da casa, andan na política, son científicas, profesoras, executivas de empresas familiares ou de multinacionais de calquera sector. Son fillas, nais e avoas que miran para o futuro con optimismo e coa conveniente rebeldía, na procura de que non se produzan nunca máis aldraxes ou agravios por razóns de xénero, para que en adiante non sexa o que foi ata agora.

Parabéns para todas aquelas persoas que apostaron e loitaron e loitan pola igualdade de xénero, pola igualdade real entre homes e mulleres. Aínda así, a sociedade ten que permanecer vixiante para acadar o respecto absoluto á dignidade de quen a integra, guiándose principalmente polo sentido común, sen bourear e sen alimentar plataformas burocráticas, desas que poden producir discriminación ou, cando menos,
inducir á mesma.

As mulleres son maioría na sociedade nosa e a promoción para a igualdade entre elas e os homes é un valor fundamental

Tamén é conveniente facer prospección do que será cando estean lexislando e aprobando normas para impedir que os seus maridos, compañeiros, pais e fillos anden, polas prazas e rúas do lugar, sen rumbo, sen guía, sen obxectivo e sen destino. As mulleres son maioría na sociedade nosa e a promoción para a igualdade entre elas e os homes é un valor fundamental en Europa e un indicador para o crecemento económico. Todos e todas teñen (temos) a obriga de observalo.

Entre o alumnado universitario, as mulleres son maioría, nos graos nos másteres e no doutoramento. Son máis que os homes nas distintas actividades laborais, na xustiza, na educación, na administración, na investigación e na sanidade. No transporte aéreo, en tódalas ramas da comunicación, nas actividades deportivas, na hostalería, na agricultura, no comercio, nas empresas de confección ou de conservas, as mulleres traballan e o seu traballo e esforzo crea riqueza.

Logo, é obvia a necesidade dunha política de igualdade salarial para que a condutora dese Pegaso de catro eixes gañe o mesmo que o condutor do camión que vai, detrás ou diante, coa mesma carga, coa mesma velocidade e cun recorrido igualmente internacional.

Igualdade
Comentarios