Viernes. 23.02.2018 |
El tiempo
Viernes. 23.02.2018
El tiempo

Espírito do Entroido

ESTA PROFESIÓN ten cousas boas e malas. Coma todas. Pero tamén ten algunha imposible de conseguir. Como transmitir con palabras as vivenzas do Entroido? Nestes días nos que as vilas se transforman e no que a imaxinación deixa pasmado a un en máis dunha ocasión, as palabras antoxanse escasas para describir o que acontece nos desfiles. Nin sequera as fotografías serven, aínda que axuden, para transmitir o espírito do Entroido. A alegría desa festividade é algo contaxioso e mil veces pensas en que queres estar alí, do outro lado. Nese lado dende o que se arrancan as risas de moita xente, as miradas de asombro dos máis pequenos e nese lado no que, por riba de todo, se goza moitísimo. Porque aqueles que viven o Carnaval pasan meses preparando todo, roubándolle tempo a todo o demais, e cando se visten de máscara só viven por e para pasalo ben, xa sexa participando nun desfile ou nun baile ou en calquera festa na que o disfrace sexa o complemento obrigado. Pero tamén iso é complicado, porque hai quen por moito que lle guste velo dende fóra, nunca probará un disfrace. E é que o espírito do Entroido, como moitas cousas, debe vir de serie.

Espírito do Entroido
Comentarios