Opinión

A maxia da televisión

XA ESTAMOS en Asia. Despois de que se emita a serie de televisión The legend of the blue sea que onte e hoxe se está a grabar na praia das Catedrais, non vai faltar nada para que empecen a chegar turistas daquelas latitudes. Porque a xente é moito (somos moito) de ir aos escenarios de películas e series de televisión, aínda que nalgunha ocasión (non será no caso das Catedrais, por suposto) acabemos un pouco defraudados porque a maxia da televisión cambia moitas cousas.

Hai uns veráns que estiven en Lastres, a vila asturiana onde se rodaba aquela popular serie de ‘Doctor Mateo. Tanta fama tivo na súa época que no propio pobo fixeron unha guía para que non perderas ningunha localización da serie. Teño que confesar que algún escenario non fun quen de atopalo e defraudoume que o que era a taberna fora, en realidade, unha casa en estado ruinoso. Iso si, o pobo é unha desas típicas vilas con encanto mariñeiro do norte. E este verán visitei Oporto. Un lugar ao que sin dúbida é preciso voltar. Alí tamén se atopa un escenario de película: a libraría Lillo, onde se rodou Harry Potter. Perdeu o encanto de libraría antiga para converterse nun negocio turístico.

Comentarios