Opinión

Oferta e demanda

A CHEGADA a Viveiro do Resurrection Fest pasou máis desapercibida do que debería visto a onde chegou o festival. Despois de anos de medrar foi o neno mimado do calendario do ocio viveirés e incluso da comarca. Pero non hai idilio que non pase por malos momentos e esa primeira crise de parella parece que chegou con esta edición a costa dos aloxamentos. A organización quéixase de que os prezos de hoteis e alugueres soben ata un 500% e no outro lado non o ven de todo así e ata falan de sentarse a falar se é preciso. Neste sistema económico o aumento dos prezos sempre foi parello ao da demanda, pero por falar que non quede.

Comentarios