Opinión

Industria chinesa e nós (III)

ANTES DE nos esquecermos de China, citaremos dous casos de compañías multinacionais. Son enormes, potentes, lonxevas e fabrican en China contando con man de obra chinesa, occidental, ou a que cadre, sempre que sexa interesante para a compañía, e tamén con capital tanto tecnolóxico coma financeiro occidental. Falo de Johnson and Johnson e mais de Philips.

Philips ten xa 125 anos. Hai multinacionais desa idade, pero non seres humanos que poidan contar cousas do século XIX. Naceu para iluminar, pero aos 27 anos xa criou a división de sistemas médicos grazas a un novo tubo de raios X, así como un servizo de reparación de radiógrafos. Hoxe esta empresa é pioneira no mundo en sistemas de iluminación; fabrica semicondutores, electrodomésticos e aparatos de precisión no ramo médico-sanitario. En Eindhoven, nace en 1914 o seu centro de investigación, hoxe conta con mais de 2.100 investigadores propios, e tamén colabora con outros centros de investigación públicos e privados de todo o mundo. Un deses está en China, e xa en 2005, Philips Electronics China, división no xigante asiático, estaba destinada a ser o maior contri buínte no mundo ao negocio da compañía. Nese ano o seu director xeral anunciaba a intensificación das súas actividades de I+D en China, a contratación de máis enxeñeiros para esa división e a transferencia de actividades de xestión de negocios á China. Philips non está deslocalizada en China; é que China é hoxe parte do corpo de Philips.

Johnson and Johnson naceu tamén no XIX, en 1886: ten 130 anos. É unha das compañías multinacionais mais grandes do mundo; a súa cifra de negocios acada os 75.000 millóns de dólares: é unha cifra superior ao PIB de Bulgaria, as 3/4 partes do de Marrocos, dobre do de países como Bolivia, Costa Rica, Túnez, e máis o menos igual que o valor contábel do PIB de Cuba. É unha compañía
tan grande que realmente se chama a si mesma ‘Familia de compañías’ xa que ten 275 subsidiarias en mais de 60 países, todas elas formando parte do mesmo conglomerado. Como consumidores, batemos, queiramos ou non, cos seus produtos desde a arquipresente pasta de dentes de cuxo nome non vou facer propaganda, pasando por artigos de limpeza que aparecen continuamente nos anuncios da tele, seguindo pola hidratante norueguesa até desembocar nos medicamentos e máis utensilios indispensábeis na medicina occidental actual: desde próteses de alta tecnoloxía até o material odontolóxico máis exclusivo. En China está, claro. Janssen Pharmaceuticals Companies of Johnson and Johnson cumpre a función de «ter unha organización de Investigación e Desenvolvemento completamente integrada en China que transforme e desenvolva produtos que xeren beneficios significativos para os doentes da rexión e de todas as partes do mundo». Discurso oficial que encobre o interese de Johnson en China.

China é hoxe unha economía capitalista en canto ao sistema económico, cunhas desigualdades interiores de tamaño só equiparábel ao da súa economía, e completamente integrada na economía mundial. Non é que merquemos cousas chinesas; é que o capital occidental tamén é China.

Comentarios