miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Xa están aquí

Tampouco aquí temos fresco na memoria o pasado migrante deste pobo nin a dereita ten tan ben apuntalados os seus piares como pensaba

VÍASELLES VIR. Seica son tendencia. A súa presenza nos parlamentos é cada vez maior. Francia, Alemania, Polonia, Suecia, Italia, Finlandia... A corrente de ultradereita chega a España empuxada pola división da dereita e a carraxe colectiva e auspiciada por unha interesada normalización do seu discurso. Hai once meses o seu líder dispoñía de pouco máis que un caixón desde o que proclamaba as súas ideas extremas cun altofalante para escándalo de todos. Dúas eleccións xerais e unhas municipais máis tarde todos os ollos están postos no ascenso máis impactante desta cita electoral que os converteu na terceira forza no Congreso. Resulta que Galicia tamén se deixa querer polos desencantos de Vox, porque máis de 114.000 persoas deron o seu voto á formación de ultradereita na nosa comunidade. Malia que non foron suficientes para acadar representación, na provincia de Pontevedra, Vox rexistrou 8.860 votos máis que o 28-A. Se cadra porque tampouco aquí temos fresco na memoria o pasado migrante deste pobo, nin a dereita ten tan ben apuntalados os seus piares como pensaba.

Disque son unha inxenua por pensar que quen emprega o discurso do odio, ataca ós dereitos humanos e criminaliza ó diferente, quen non recoñece a desigualdade non podería botar raíces entre nós. Pero a realidade é que un dos partidos gañadores de onte nin cre na nosa nacionalidade histórica, nin na igualdade de oportunidades, non ten reparo en pasar por riba de dereitos conqueridos, tacha de "buenismo" a humanidade e despreza a diversidade e a riqueza de linguas marabillosas coma a nosa.

Xa están aquí
Comentarios