miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

As preocupacións do ensino

COMO PROFESIONAL do ensino, non son poucas as cuestións que neste momento me preocupan. Unhas afectan directamente á (miña) universidade. Outras, polo contrario, teñen que ver co sistema educativo en xeral, nas súas diferentes etapas, planificacións e engrenaxes. En xeral, todas conflúen nunha das grandes palabras que veñen sustentando a educación pública nas últimas décadas: a calidade. Como pano de fondo despregaría unha vez máis a inestabilidade dun marco legal levado polo vento da ideoloxía dos sucesivos gobernos. 

Unha vez iniciado o curso académico, a incerteza e desinformación existentes acerca das probas de acceso á universidade, á que xa me teño referido nestas liñas, non me parece unha preocupación menor. Ao contrario, sorpréndeme que non suscite máis demandas nunha sociedade ocupada nestes días en lecturas políticas. Igual esquecemos que, na extinta selectividade e na proba que a substitúa, o alumnado non só se está a xogar a entrada na universidade senón tamén os seu futuro nun mapa de titulacións a cada paso máis competitivo. Sexa como for, os problemas en materia de educación acostuman quedar solapados ben por preocupacións maiores ben por anécdotas menores e a miúdo manipuladas. Nesta pax educativa, alterada de cando en vez por algún caso de acoso ou agresión, pouco parecen preocupar as garantías dun sistema igualitario e non excluínte, como tampouco os brotes de racismo ou homofobia que de cando en vez saen á luz. A carta enviada esta mesma semana polo director do colexio concertado (isto é, financiado con fondos públicos) Juan Pablo II, de Alcorcón, na que equiparaba a Lei de Identidades de Género e Igualdad (que non ‘"Lei de Ideología de Género’") co fanatismo terrorista leva traza de se converter nunha desas declaracións-exabrupto, como moito "‘desafortunadas"’, das que se fale uns días e que queden logo no esquecemento. Neste país as palabras, xa se sabe, medran ou minguan na gravidade conforme quen as emita. 

Nun panorama así, de cuxas eivas e problemas poderiamos seguir escribindo páxinas e páxinas, sorpréndeme ver mobilizarse as familias por unha cuestión que, neste caso, nada ten que ver co rexeitamento da Lomce, coa ratio de alumnado por aula, con resultados de informes sobre a calidade nin co esforzo económico que para algúns fogares supón a adquisición dos libros e o material. Trátase polo contrario dos deberes, considerados por moitas nais e pais excesivos por ocuparen o tempo de lecer e prexudicaren a súa vida familiar. Con independencia do debate pedagóxico e profesional acerca das tarefas escolares, non deixa de resultarme cando menos curioso que sexa ese un motivo de mobilización até o punto de se convocar unha ‘"folga de deberes"’. Parece que son estas e non outras as grandes preocupacións do ensino no país noso.

As preocupacións do ensino
Comentarios
ç