lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Ferrados ou votos

SE NON hai sorpresas en Tordoia, Ordes, Lobios e Caldas de Reis, cuxas corporacións se constituirán o 3 de xullo, o PPdeG pecharía a aventura do 24-M con 162 alcaldías, o PSdeG con 94, o BNG con 28 (máis dúas a maiores que rotarán entre eles a metade de mandato), os independentes con 13, as mareas con 9, CxG con 4 e TeGa con 2. No mapa municipal galego segue dominando o azul do Partido Popular, cuxos rexedores controlarán boa parte do territorio. O que ocorre é que as mareas, só coa Coruña, Santiago, Ferrol, Cangas, Teo ou Sada, terán baixo o seu mando máis de 500.000 persoas. O mesmo que o PSdeG sumando Vigo, Lugo, Vilagarcía, Ames, Nigrán, Monforte, Viveiro e Burela. Por riba, Narón, Oleiros, Carballo, Culleredo ou Lalín tampouco son populares, que se teñen que conformar con Ourense, Arteixo e Redondela se falamos de núcleos por riba dos 30.000 veciños. O seguinte xa sería Ribeira, con 27.000. Gobernar territorio está ben, pero mentres os alcaldes se elixan por votos e non por ferrados, os de Feijóo teñen un problema electoral grave.

Ferrados ou votos
Comentarios
ç