Opinión

Morrer de éxito

O CAMIÑO de Santiago atópase nun momento clave. Administración e Igrexa teñen que reflexionar se non queren que este Patrimonio da Humanidade morra de éxito. Os peregrinos sofren as consecuencias da masificación das rutas, entre elas a incomodidade, a inseguridade e a picaresca. E outros, como lle ocorreu días atrás á exestrela da NBA Terry Porter, teñen que soportar mil e un actos cos políticos de turno. Menos mal que viña nunha peregrinaxe benéfica, porque se chega a buscar recollemento, soidade e meditación, a súa experiencia xacobea sería traumática con tanta foto coas autoridades, que con esta actitude tampouco animan a camiñar a moitos famosos. Por todo isto, a decisión de converter 2016 en Ano Santo debe ser moi meditada, xa que por moito permiso que exista do Papa, a sensación que pode dar é a de que se está mercantilizando de máis o Camiño.

Comentarios