Opinión

A verbena galega

ATA NON hai moito tempo calquera manual básico para organizar unha verbena tiña tres pasos fundamentais: pedir diñeiro aos veciños porta a porta, gardalo no peto atado cunha goma desas das caixas dos zapatos e, ao rematar a actuación, pagarlle ao vocalista. É posible que non sexa o sistema contable máis profesional, pero é o que hai. Forma parte desa forma de facer as cousas tan particular que temos os galegos e que debería ser patrimonio inmaterial da humanidade. Por iso agora, o que máis sorprende non é que se investigue a presunta fraude millonaria neste asunto da verbena galega, senón que a xente bote as mans á cabeza, como sorprendida. Se algo nos debe sorprender aquí non é que Hacienda reclame o seu, senón que se lance á caza das orquestras e a verbena galega, mentres por toda Galicia seguimos vendo 'leiraparks' en primeira liña de praia, furanchos agochados, praceiras e praceiros sen regular, negocios piratas arredor do Camiño ou un bochornoso control tributario do fútbol afeccionado. 

Comentarios