domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

A Xunta e a empanada

DOS CAMBIOS promovidos por Feijóo na Xunta parecen extraerse algunhas lecturas rápidas. Primeira: o Goberno galego líbrase de Rocío Mosquera, aínda que con ela non marchan todos os lumes que acendeu. Segunda: o presidente galego demostra que a curto prazo quere quedar aquí. Terceira: o exalcalde ferrolán José Manuel Rey Varela consolídase como o home forte de Feijóo, nunha consellería que lle daría suficiente visibilidade para ser o sucesor en caso de que o descalabro do PP de Rajoy no 20-D alcanzase tal calibre que acabase espantando incluso a Feijóo. Cuarta: o líder do PPdeG admite que cometeu erros e recúa. E  quinta: ascendendo alcaldes a conselleiros inténtase dotar o Executivo galego dun perfil máis político e menos técnico, que estea máis preto da xente. Pero que ninguén interprete tampouco isto como o regreso do PPdeG da boina! Nin Ferrol, nin Baiona nin Melide son o paradigma do rural galego, así que haberá que agardar algún tempo máis para poder volver ver un conselleiro/a que coma a empanada coa man.

A Xunta e a empanada
Comentarios
ç