Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Demagoxia fronte aos problemas

MIRA TI. Agora parece que a decisión do comité federal do PSOE de absterse para facilitar así a investidura de Mariano Rajoy, vai sacar a España da crise e a resolver as moitas dificultades que temos: emprego, fiscalidade, pensións, modelo de Estado e territorialidade, educación, xustiza, pobreza, etc. Teño un par de dúbidas. Por que aínda temos estes problemas se o PP tivo catro anos + un para solucionalos? Vai ser capaz agora —cun Goberno en minoría— de liquidalos cando non foi quen con maioría absoluta? «Cuán longo mo fiades, amigo Sancho!», diría o fidalgo don Quixote, ao comprobar que nos movemos na terra da demagoxia. Oxalá todo fose tan sinxelo!, pero é que a nosa sociedade é así. Poucos ven o que somos, pero todos ven o que aparentamos. E a política é un fiel reflexo diso.

Demagoxia fronte aos problemas
Comentarios