Opinión

Drama nas estradas

GALICIA É unha comunidade moi envellecida, realidade palmaria; a morte sempre é unha gran traxedia, verdade manifesta. Por iso cada mozo que devora a estrada practicamente cada fin de semana convértese nunha catástrofe de proporcións bíblicas. Sexamos cabais. O cóctel formado por coche, calzada, festa, noite e valor —inherente á propia mocidade, ou... quen non se sentiu invencible aos 20?— resulta demoledor actualmente, antes e sempre. Eu experimenteino nas miñas propias carnes e talvez porque o meu anxo da garda non descansaba os sábados aínda sigo aquí. Non sexamos mezquinos agora, que xa cumprimos os 40, cos nosos mozos e simplifiquemos todo cun «alcol e drogas» para aforrarnos abordar o problema de fronte. Mentres tanto, todos a rezar a próxima fin de semana

Comentarios