Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Eu quero ser oso de Salcedo

SEMPRE ENVEXEI o oso de Salcedo. Ten o enorme privilexio de poderse vingar con total impunidade de todas as afrontas que sufrise ao longo do ano. Hoxe, arroupado polos seus leais criados, poderá tiznar a gusto ao médico que foi pouco dilixente, ao funcionario que lle regalou indiferenza, ao veciño pesado que non deixa de incordiar coa comunidade, ao compañeiro de traballo que se escapule, ao empregado de banco que lle tentou enchufar as preferentes, ao antigo colega de estudos que lle aparta a cara cando se cruzan pola rúa, etc. E todos eles rirán, ignorando que o oso (ou sexa, eu) lles esnaquizou o Lacoste por vinganza, non por diversión. "Que mente máis escura teño!", pensarán. Pechen os ollos por un segundo e visualicen o poder do oso de Salcedo nas súas mans por un día. Seguro que o rexeitarían? Nin de coña. E o que diga o contrario, que tire a primeira pedra, pero que teña coidado que o oso non lla devolva... con intereses.

Eu quero ser oso de Salcedo
Comentarios