Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Feliz noite... boa xente

ÁS VECES a vida dá grandes golpes que a miúdo chegan sen avisar, dun día para outro. Non queda outra que afrontalos tal e como veñen, con enerxía, enteireza, saúde... Isto é fácil de dicir pero complicado de aplicar, non si? Aínda que soe a obvio, é nestes momentos cando un se decata da cantidade de xente marabillosa que hai no mundo que nos rodea. Reconforta e libera o apoio da familia, dos amigos, de mesmo aquelas persoas cuxo nome xa non lembramos pero que se brindan a colaborar, ofrecendo o seu tempo e o seu agarimo.
Gustaríame acariñar con estas palabras a toda esta xente. O ceo foi creado para vós. E se non existise, concibímolo. Feliz noite... boa xente

Feliz noite... boa xente
Comentarios