Opinión

A neve pide sentidiño

A NEVE chegou ao Cebreiro e polo visto este ano, ademais de turistas, vai atraer gardas civís. Xa anunciaron que multarán a quen estacione á beira da estrada. Parece normal porque está prohibido e ás veces tanto coche impide o paso das quitaneves, pero é ilóxico porque non hai alternativa para ubicar os vehículos que levan ata O Cebreiro centos de persoas ansiosas de lanzarse en trineo. Esta xente é o soporte económico dos negocios, que xa están en pé de guerra contra a medida. O alcalde quere facer un aparcamento e nin a Xunta lle dá permiso nin os veciños terras. É máis fácil pedir que dar. O conflito está aberto e a solución vai esixir moito sentidiño.

Comentarios