jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Aberracións legais

COA ESCUSA de protexerse do xihadismo, Trump subscribe unha das grandes aberracións legais, que criminaliza a millóns de cidadáns antes de que cometan sequera unha infracción, e así considera delincuentes a todos os cidadáns nacidos ou con nacionalidade de sete estados. É un exceso propio de reximes autoritarios, se ben aquí non é a primeira vez que ocorre algo similar, e non hai moito tempo diso, pois unha lei deixou á marxe todas as persoas que ocuparon un posto nunha lista electoral dun partido ou plataforma ilegalizados, a pesar de que eles non cometeran ningunha vulneración da lei. No país de Trump, igual; calquera libio, iraniano, sudanés, iraquí, somalí, iemení ou sirio é agora mesmo legalmente culpable para Estados Unidos a pesar de que en millóns de casos a única transgresión é tentar fuxir do horror da violencia. Infractores só por lugar de nacemento.

Aberracións legais
Comentarios