Opinión

Admítense erros, pero non prepotencia

Proclámao, pero non o practica. O Goberno pregoa a súa disposición ao diálogo e a acordos, pero apenas conta cos demais, nin coa oposición nin coas comunidades autónomas, excepto en asuntos puntuais para sacar adiante algunha iniciativa perentoria no Congreso. Parece que con Cataluña empezaba a aproximación, xa estaba encamiñada, pero nesta crise o Executivo recuou en cercanía tanto cos que o levaron a gobernar coma cos que están de fronte; pecou de prepotencia ás veces e de falta de cintura política case sempre. Así llo recordou non hai moito o PNV, mesurado constante. Independentemente de se estivo atinado ou non na xestión da crise ou de se cometeu poucos ou moitos erros, o Goberno amosou moreas de eivas comunicativas e escasas achegas ao consenso que dicía buscar. Habitualmente a cidadanía admite as equivocacións, pero cústelle aceptar actitudes prepotentes. Se cae niso e non dialoga pódelle ser peor que o propio virus.

Comentarios