Opinión

Aflora racismo

O ensaísta israelí David Grossman mantiña hai pouco que é moi doado sacar o racista que moita xente leva no seu interior, e nesta época de crise sanitaria acompañada coa económica emerxe máis discriminación cos colectivos raciais distintos ao maioritario. Só fai falta achegarse ás redes sociais para comprobar desprezos, que os populismos utilizan como arma política, sobre todo contra os inmigrantes, aos que se culpa de todos os males como un sinal de racismo extremo. O mesmo que transpiraba o intento de borrar en Madrid un mural con quince mulleres que loitaron contra a marxinación. Parece que fan un dano tremendo aos negacionistas da violencia de xénero figuras como Rosa Parks, encadeada por negarse a cederlle un asento a un branco nun autobús en Alabama; Valentina Tereshkova, a primeira en ir ao espazo, ou todas as outras combatentes contra o sexismo e o racismo, que moitos aínda levan dentro como un gran medo ao diferente.

Comentarios