Opinión

A alimentación do odio comeza no Congreso

No Congreso o debate deixou paso ao insulto. Aínda non se produciron escenas como noutros parlamentos nos que uns deputados se enlean a tortas con outros, pero a violencia verbal instaurouse. A cortesía que pese á rivalidade se mantivo durante lexislaturas desapareceu para deixar paso a linguaxe feroz. Certo que cando se inicia unha sesión xa se coñece o sentido do voto, porque nos trámites prodúcense as negociacións pertinentes, pero abeirar a discusión e a disputa oral para darlle protagonismo ao improperio prolonga a crispación á rúa. Así se fomenta a propagación da agresividade a través das redes sociais reflexo da belicosidade dos nosos representantes e tamén alimenta excesos cidadáns como o de utilizar imaxes de políticos para diana de tiro, extremistas que acaban simbolicamente coa vida dos rivais. E ao tempo, fusilar o Goberno, aínda que sexa virtualmente, impulsa sectores ultras contra a convivencia e a democracia. Coidado.

Comentarios