Opinión

Amor aparente

A LEALDADE a España declárase no IRPF ou no imposto de sociedades, non cunha bandeira no pulso ou nunha fachada. Aman España, din, pero os que poden agachan as súas fortunas en paraísos fiscais. Pois este hipotético amor parécese máis ao exercicio da violencia machista, aseguran querer á parella que golpean, din ter un gran sentimento por España e agrídena evadindo o que poden, fóra os que máis teñen e modestamente os que non alcanzan a tanto. A españolidade debería ser a colaboración co Estado, pero parece que se volveu exclusivamente simbólica, canto máis grande o estandarte mellor, como aquel construtor dunha familia de defraudadores que colgou a maior bandeira de España nun edificio seu en Madrid. A crise catalá motivou un estourido de emblemas case semellante a cando a selección de fútbol gañaba títulos, pero realmente é só aparencia. Amor finxido.

Comentarios