jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Amores patrios

MOITA exclamación de cariño, moita bandeira, pero realmente pouca querenza, porque sortear a Facenda e levar os cartos a paraísos fiscais é un desprezo aos españois. Agora Albiol, antes Bárcenas ou Granados, ou o ministro Soria. Exemplos abundan entre os que din adorar España, pero coas súas decisións atácana, ao defraudar, e tamén cando intentan boicotear a chegada de millóns de euros de Europa. Considéranse os únicos españois e pretenden acaparar o Día da Patroa, igual que intentan co estandarte, ondeando, no pulso ou na máscara, e permítense apupar o presidente de todos no día de todos, porque non admiten un Goberno que non sexa dos seus. Fano agora, ocorría con dirixentes anteriores e apostaría a que seguirán igual con calquera outro que ocupe o posto e non lles guste. Moita paixón con España, de palabra, pero non tanto de certo. Agora procesan ao PP de Valencia por branqueo, presuntamente feito, iso si, con moito amor ao país.

Amores patrios
Comentarios
ç