Opinión

Anomalía democrática

ATA CANDO aguantará o CGPJ actual logo de pasar xa case catro anos desde que debía estar renovado? Vai camiño de que os 18 que quedan dos 20 designados se xubilen ou falezan e así desapareza o órgano de goberno dos xuíces por falta de membros. Porque non se advirten visos de solución a pesar das presións externas e internas exercidas ultimamente e os preacordos entre os principais partidos que non chegaron a fraguar. Esta anomalía democrática debido a que a legalidade establece que haxa acordo con votación cualificada (3/5) nas dúas cámaras das Cortes leva ao Poder Xudicial a un bloqueo e un reparto que non reflicte a distribución parlamentaria actual: maioría conservadora, cando desde as eleccións de 2019 é progresista en Congreso e Senado. Se o PP non cede, e se manteñen así máis membros elixidos por iniciativa súa, ou non dimite en pleno o Consello, pasarán outras eleccións antes de que se produzan cambios como eiva democrática.

Comentarios