Opinión

Apupos opositores

POR ALGO concreto? Non, porque si, porque é considerado un usurpador e polo tanto non debe ocupar o posto para o que foi elixido democraticamente. Os apupos ao presidente do Goberno no Día da Festa Nacional convertéronse en hábito, seguro que o ano próximo non será excepción e se a partir de aí continúa na Moncloa o desasosego será aínda maior porque se cinco anos semellan interminables, outra lexislatura faríase insoportable para estes contestarios que non entenden outro Goberno máis que o dos seus. Claro que os representantes públicos, do Rei incluído para abaixo, deben asumir críticas e situacións incómodas por desaprobacións cidadás de descontento coa xestión, pero converter calquera acto presidencial en bronca desvirtúa unha oposición con moitos outros argumentos para censurar actuacións gobernamentais, pero nestes casos optar pola camorra pouco rendemento pode dar porque semella de procedencia totalitaria.

Comentarios