Opinión

Ata agora, medidas inocuas

AS SANCIÓNS contra Rusia seguen sen afectar a vida dos cidadáns que residen nese país, que é o que se pretende desde Occidente, suponse que para que se rebelen e derriben o presidente e dese xeito remate a guerra en Ucraína e volvan ser felices ou máis que antes do inicio do conflito armado. Pero seica non ocorre así, e esta medida de presión, habitual cando un país invade outro, non está resultando efectiva.

Tiñan como propósito forzar decisións rusas e, en derrradeiro extremo, acabar coa invasión, pero máis de catro meses despois continúa e ten visos de enquistarse; en vez de abrandar a Putin, as medidas contra Rusia volvéronse búmerang, con repercusións nas economías domésticas. O apoio militar a Ucraína si serve para que a contenda se manteña e cada vez se impliquen máis países, agora co envío de novo material bélico por parte da Otan —organización composta por trinta Estados— ata converterse case nun conflito mundial, se non o é xa.

Comentarios