viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Avanzar para frear

UN INFORME de Oxfam reflicte que os desastres provocados pola emerxencia climática nos últimos dez anos obrigaron a máis de vinte millóns de persoas a deixar os seus fogares. A maioría destas catástrofes teñen detrás a man humana. Non se trata de retornar ás cavernas, pero si de dar pasos para frear o impacto contra o planeta, ata agora ignorado pola inmensa maioría das institucións. Falta determinación política, queixábase con razón o secretario xeral da Onu na apertura do cumio do clima.

A ausencia de países como Estados Unidos, Brasil, China ou India lastra esta reunión. O negacionismo do cambio climático contrapesa as achegas individuais e esforzos colectivos, a volta ao unilateralismo de países como os que presiden Trump ou Bolsonaro e quizais por iso a falta de liderado internacional na loita climática entorpecen a batalla contra as emisións. Illadamente non hai solución, e grupalmente falta unión. Así pouco se pode avanzar.

Avanzar para frear
Comentarios