Opinión

Aversión mutua que complica a convivencia

UNHA CUARTA parte dos españois odia os cataláns. Ou tres de cada catro, segundo outras análises. Posiblemente á inversa tamén haxa unha relevante porcentaxe. Son enquisas, pero significativas da situación. Máis do 23% confesa que boicotea os produtos elaborados en Cataluña, ou sexa, colabora a que lle vaia mal a eses empresarios, sen saber sequera se son independentistas ou non, e ao descoñecer tamén que seguramente amolará a outros emprendedores que por España adiante participan na cadea económica dun artigo final (o tomate para a pizza, a cortiza para o cava ou a cebada para a cervexa proceden doutras partes da Península). Contribúese así a que os residentes nesa comunidade o leven peor. A proporción é moi superior cando se trata de avaliar a fuga de empresas. Os encantados con iso superan o 77%. É unha animadversión mutua que complica a convivencia. E vai a máis.

Comentarios