Opinión

Cálculos erróneos ou malintencionados

Un pacto de partidos constitucionalistas, reclama con escasa persuasión Tamames, a mesma que coa moción de censura que encabeza. E igual que a ese consenso frustrado ocorreralle ás demais formulacións nun debate sen programa de goberno. Unha delas é a corrección do que considera “sobrerrepresentación do independentismo” no Congreso, unha proposta moi pouco científica a non ser que leve implícita a ilegalización dos partidos como na época pretérita, pois cun cambio electoral a circunscrición única en vez de provincial os soberanistas practicamente terían os mesmos deputados (Bildu perdería un e ERC mantería os mesmos 13 tomando como modelo os resultados das anteriores xerais).

Pola contra, o PSOE deixaríase 18 actas e o PP 12, mentres que UP gañaría 11 e Cs 14 (tería 24 en vez de 10). E os demais sistemas alternativos ao D’Hondt darían resultados semellantes. Non perdería o independentismo, senón os grandes partidos.

Comentarios