Opinión

Campaña atípica

AÍNDA que semella que Cataluña leva en campaña meses, se non anos, a pasada medianoite iniciouse oficialmente, porque así o decidiron os tribunais contra a opinión política xeral. Pero polas restricións establecidas, este período de petición de voto non pode ser igual a ningún outro, por moito que estean permitidos os mitins presenciais e que incluso se transixa que se franqueen os límites perimetrais dos concellos para poder asistir. No cumio dos contrasentidos, o Govern admíteo o os partidos que o integran desaconséllano. A campaña será eminentemente virtual, de feito algúns partidos xa anunciaron que sería deste xeito por completo, porque se evitan perigos, algo que xudicialmente non se tivo demasiado en conta, e que se incrementará á hora de votar dos contaxiados e dos seus contactos directos, uns 200.000 segundo se calcula, que para iso si poderán saltarse o confinamento. Ser membro de mesa é unha actividade de sumo risco.

Comentarios