jueves. 06.05.2021 |
El tiempo
jueves. 06.05.2021
El tiempo

En campaña sen empezala

Todos os partidos están en campaña en Madrid dende hai tempo aínda que non se inicia ata o día 18. Anacrónico o de ter establecido quince días, igual que o día de reflexión ou que non se poidan publicar enquisas na semana previa ás eleccións. Habería que actualizalo, pero mentres non se fai aos partidos dálles igual, desprezan a lei. Ata hai pouco limitaban a petición de voto ao non estar aberto o período formal, pero agora xa o fan sen disimulo. Vox en Vallecas, o PSOE en Alcorcón, o PP aproveitando a exclusión de Cantó da lista, e así todos. E ademais asumen, porque lles compensa, as reprimendas que poida haber da xunta electoral: ao PSOE e Unidas Podemos obrígaos a retirar a propaganda do voto por correo coas fotos dos candidatos, ao PP esíxelle que se absteña de usar a presidencia da institución para facer campaña por Ayuso. Enredos de quen debería ser escrupuloso co lexislado nunha precampaña que en nada se diferenza da campaña.

En campaña sen empezala
Comentarios
ç