Opinión

Capacidadede aguante

AGUANTAR. Esa é a premisa. Igual que a de "Luís, sé forte" de hai uns anos para sobrelevar unha pesada carga, agora a misión é resistir ata que veñan tempos mellores, e iso que a maioría das enquisas privadas o sitúan como principal partido se houbera eleccións, previstas para dentro de dous anos. Pola contra o CIS rebaixa as expectativas de PSOE e PP, e se iso ocorre leva implícita a vigorización de Unidas Podemos e Vox. Pero dous anos son unha eternidade, e co panorama político cambiante que vivimos a indecisión aínda é maior. Agora o PP terá que demostrar a súa capacidade de resiliencia tras o enfrontamento entre Casado e Ayuso e máis co motín da exportavoz parlamentaria Álvarez de Toledo, que pasa a coitelo medio partido. Deixou o grupo roto e agora vén rebentalo, segundo opinou un parlamentario tras ler o libro da marquesa que deixa sen palabras aos dirixentes (excepto a presidenta madrileña, que a apoia) coa idea de que aguantar é vencer.

Comentarios