Opinión

Castigos polos incumpridores

Por culpa dalgúns perden todos. Todos menos os que non cumpren as normas, a eses dálles igual. Non é inusual atoparse polas rúas con xente expulsando aerosois polo hábito de fumar, ou que se produzan reunións en nutridos grupos sen distancias de seguridade e con escasa protección, e máis desde que se ergueu o estado de alarma. Non respectar o establecido converteuse en estandarte de quen vanalizou o concepto de liberdade e recibiu como premio apoio incontestable para gobernar, e así continúa a pandemia desbocada en comunidades para manter elevada a media estatal e desesperación doutros territorios castigados a pesar de ter a raia o covid. A incidencia en España anda por 180, en Lugo baixa de 60 e Murcia ronda os 65, e pola contra o País Vasco dispárase ata case 400 e Madrid achégase aos 300. Datos estes que Reino Unido ten en conta para vetar a España, toda, como destino turístico. Os incumpridores non poden queixarse.

Comentarios