Opinión

Catro meses para escribir un mal libro

PREGUNTADOS algúns persoeiros polos libros que máis os impactaron ou os que están lendo ningún contesta un best seller actual, como se fose indigno enchouparse do mesmo que a maioría, cando iso amosa a tendencia do país, por moito que abochornara que o texto asinado por Belén Esteban fora dos máis comprados hai dous anos. Arredor dos 50 títulos máis exitosos representan o 10 por cento do total dos cara a 80.000 que se publican cada ano, entón as respostas non cadran. É igual cás enquisas, que en moitos casos as contestacións son ao chou e logo cada un vota o que lle vén en gaña, pero en xeral reflicten as inclinacións da cidadanía. Parece que as querencias de cara a unhas novas eleccións son similares ás de hai catro meses, pero como na listaxe dos libros máis vendidos nos que se coa algún intruso que rompe os prognósticos, en política cada convocatoria nunca é igual á anterior.

Comentarios