Opinión

Cinismo económico co prexudicial

O TABACO pode, e case seguro que co tempo o fai, ocasionar problemas de saúde nos consumidores; igual que o xogo é probable que remate en moitos casos en ludopatía. Co fume aprobáronse leis para frealo, aínda que aos lexisladores parecíalles excesivo prohibilo por moi nocivo que fose porque se non as arcas públicas resentíanse. Iso si, non se permite a súa publicidade. Ás apostas aínda non se lle puxeron reparos, todo o contrario, e Facenda encantada polo que recada co gasto de 800 millóns de euros ao mes. Calcúlase que existen uns 500.000 usuarios do xogo online en España e que cada vez son máis novos; incluso para algúns converteuse nunha profesión. É certo que estas apostas brandas non son igual de nocivas que os casinos ou as máquinas tragacartos, pero a adicción pode ser igual de perniciosa, e contra ela nada se fai, máis ben incentívase publicitariamente coa permisividade institucional. Cando sexa tarde virán os laios.

Comentarios