Opinión

Claras as querenzas

Ataques aos rivais en vez de propostas. Algunhas destas hai, pero mínimas nunha campaña electoral madrileña marcada pola estridencia dos choques e o insulto persoal. Ningún descubrimento político, pero agora faise máis nidio, con máis radicalidade. Xa se abandonaron os eufemismos e óptase pola ofensa directa. Deixouse de oír aquilo de que se está faltando á verdade para acusar abruptamente de mentir. E ofensas peores: xenocida, felón, lixo humano, mamarracho, miserable. Pero máis que inimizades, que xa se supoñía, nesta recta derradeira de cara ao 4-M víronse sobre todo as querenzas. PSOE, Más Madrid e Podemos deixaron atrás as diverxencias, sobre todo entre Gabilondo e Iglesias, para confluír. PP e Vox enténdense e nin un reproche se lanzan. E Ciudadanos segue prendado dos populares pero estes non lle corresponden logo do romance vivido na praza de Colón, se acaso algún flirteo puntual (Toni Cantó, Marta Rivera). Só iso.

Comentarios