Opinión

Concreción nos pactos

XA ESTÁN todos. Os partidos que outrora apoiaran a Sánchez na moción de censura permiten desta volta que siga na Moncloa (180 votos en 2018 e 179 agora). Foron caendo os pactos un a un ata chegar ao grupo que desde as eleccións se sabía que era o máis determinante, por máis que tivera os mesmos escanos que o outro catalán e só un máis que Bildu, pero Junts debía quedar como definitivo para fortalecerse diante do electorado en disputa con ERC na primacía independentista.

Polo medio chegou o acordo PSOE-BNG, pouco concreto máis aló dos novos xulgados de violencia de xénero ou as rebaixas nas autoestradas, e xa que noutras ocasións non se cumpriu o prometido é lóxica a reacción escéptica, pero sobre o papel máis do que se podía agardar ao non ser o nacionalismo galego numeroso como o da outra esquina peninsular. Ese si que logrou concrecións significativas: amnistía e cercanías ferroviarias, esas que en Galicia nin sequera existen.

Comentarios