Opinión

As contas dos avais

TER O apoio do aparato non garante éxito. Polo menos no PSOE. Que llo digan a Almunia, superado por Borrell e fracasado candidato a presidente logo da renuncia do gañador das primarias canso das artimañas de Ferraz. Ou a Bono, derrotado por Zapatero a pesar do apoio orgánico. Díaz, coa xestora e case todos os baróns do seu lado, non chegou a seis mil avais máis ca Sánchez nunha mobilización sen precedentes. E en Galicia, fracaso da andaluza a pesar da campaña de relevantes socialistas como Caballero, Blanco, Pachi Vázquez ou Orozco, pois apenas sumou 2.500 avais, polos máis de 3.800 do seu rival. Euforia en España no equipo do exsecretario xeral polas 57.300 sinaturas e dúbidas na presidenta andaluza coas súas 62.600. De entrada, o retraso para as primarias non serviu para fagocitar a Sánchez, como se pretendía, e semella con forza para dar a batalla. Queda todo por decidir.

Comentarios