Opinión

Convulsión total

DÍAS convulsos. Tanto que o prazo dado para entrar na cadea a Urdangarín non foi a noticia máis importante. Apenas algún título secundario en primeira nos xornais. A treboada desatada na selección española de fútbol por ser contratado o seu adestrador para dirixir un equipo preto de iniciarse o Mundial e a dimisión do ministro de Cultura por fraude fiscal solaparon a comunicación que recibiu da Audiencia de Palma o cuñado do Rei por un caso que puxo a monarquía na picota. Rebaixou o Supremo a condena, mais aínda así o marido da infanta Cristina terá que pasar unha tempada nun centro penitenciario. Pero iso quedou en segundo plano pola brevidade do paso de Huerta polo ministerio e a tempestade na selección polo cambio de temoeiro nun Mundial que, se é como hai oito anos, pode servir para unir máis España que calquera outra campaña política. Pero non comeza con bo pé.

Comentarios