lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Corenta anos de estratexia fallida

AGORA QUE un gallego ocupa a vicepresidencia da Rede Europea de Promoción da Diversidade Lingüística enténdese que axudará á potenciación dun idioma achicado en falantes e en prestixio, aínda que como ben explicou o directivo doutro colectivo que loita pola igualdade das linguas, a dignidade delas non depende do número de falantes. Igual que considera intolerable que no século XXI haxa europeos discriminados por querer usar o seu idioma. Na UE hai 84 linguas, das que só 24 son oficiais, iso quere dicir que 60 están proscritas, aínda que sexan recoñecidas nos Estados. É o caso do galego, que non se recupera socialmente porque as institucións, organismos e entidades que traballan nese eido non atinaron nas iniciativas. E ademais séguense atopando de fronte con colectivos activistas contra o idioma debido á querenza polo alleo máis que polo propio. Por agora, a estratexia foi fallida.

Corenta anos de estratexia fallida
Comentarios