jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

A crise non pasa factura aos presidentes

Os datos demoscópicos son diáfanos, esta crise non socava gobernos, nin o central nin os autonómicos. Todos os estudos sociolóxicos en España manteñen o PSOE como primeiro cun resultado similar (escanos arriba ou abaixo) ao obtido en novembro, e tanto en Galicia como en Euskadi as formacións que sustentan os executivos saen fortalecidas. As enquisas sitúan a Feijóo cunha cómoda maioría, superior á que lle outorgaban antes da pandemia, e Urkullu mantén o liderado a unha distancia duns dez deputados do segundo. Curiosamente, a outra pata do Executivo vasco de coalición, a socialista, é a que máis avanza en comparación co 2016. Non parece entón atinado que os partidos da oposición en Galicia centren a súa campaña na crise sanitaria para debilitar a Feijóo, mal irían por aí, igual que en España ten pouco percorrido arremeter contra o presidente por este transo. Uns e outros terán que cambiar de argumentario para ser alternativa.

A crise non pasa factura aos presidentes
Comentarios