lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Cuestionar o Rei, quizais por republicana

LOGO DE facer oposición ao Goberno central desde que se formou a coalición, agora parece que cambia de estratexia e unha vez fortalecida como presidenta de Madrid pasa a enfrontarse ao seu propio partido. Gamarra xa amosou o malestar do PP coa súa postura e Casado saíu a reprendela porque Ayuso estalle facendo máis dano ao Rei con este envite sobre os indultos que todas as arremetidas dos independentistas e de Podemos, pois sitúao entre a ilegalidade de non aceptar o que saia do Consello de Ministros e a complicidade de asinar unha medida de graza para quen defende un sistema contrario á monarquía. Sabe Ayuso que a Filipe VI non lle queda outra que referendar os indultos unha vez aprobados, por iso emperrarse en cuestionar tanto a súa validación como se non os ratifica só pode representar unha pretensión, que na súa desmedida ambición xa non aspire só a converterse en presidenta do Goberno senón en xefa do Estado.

Cuestionar o Rei, quizais por republicana
Comentarios
ç