Opinión

De vitorias e derrotas compartidas

A AFIRMACIÓN de Aguirre de que se gaña tamén o fai Rajoy e que se perde a culpa será só súa precisa dunhas cantas matizacións. Porque será certa a primeira parte sempre e cando os resultados sexan similares no resto de España e o PP consiga manterse, porque se Aguirre accede á alcaldía e o PP se descalabra o presidente quedará nunha posición feble ante a baronesa madrileña. E se perde farao tamén Rajoy, porque Madrid é un estandarte que para as xerais se pode ondear ou ocultar segundo sexa o resultado. E igual que é matizable a apreciación de Aguirre tamén o é a de Floriano de que en Andalucía nin gañou Pedro Sánchez nin perdeu Rajoy. Desde logo o primeiro é posible que non gañara, porque todo estaba personalizado en Susana Díaz; pero que perdeu o segundo é evidente pola desfeita a pesar da maquinaria empregada. E igual de derrotada foi Rosa Díaz aínda sen presentarse. Matices.

Comentarios