Opinión

Debate de campaña

ESFÓRZASE un en destacar os seus logros e o outro en cuestionalos, como se a xestión fose a única variable para gañar unhas eleccións. Inflúe, evidentemente, pero o sentido do voto vén determinado por moitas outras cuestións, como a ideoloxía, o liderado ou que non se impoña o outro, unido á percepción de quen vai resultar vitorioso, de aí a relevancia das enquisas que poden inchar cara un lado ou o contrario.

Arredor do 20% decide a papeleta nos días previos ao do sufraxio, pero nos meses e anos anteriores os partidos fan campaña para chegar na mellor posición posible a ese período decisivo. O debate de onte, cunha banda catastrofista e outra satisfeita, non é máis que un acto dunha campaña permanente que por parte socialista dificilmente actúe aínda a estas alturas para mobilizar o electorado próximo que parece desactivado (esa era a pretensión), e pola popular ten complicado novos alistamentos desde a banda onde se gañan as eleccións.

Comentarios