A METADE dos votantes estadounidenses decide a quen apoiar para a Casa Branca segundo o resultado dos debates entre os candidatos demócrata e republicano. Oitenta millóns de telespectadores seguiron o primeiro dos tres previstos. Iso amosa a transcendencia dos enfrontamentos dialécticos. Aquí non alcanzan tal protagonismo, pero son determinantes, máis ca unha semana de actos de campaña. Como exemplo claro está o de Pontón, que coa súa intervención no debate a cinco levou o seu partido a repuntar desde posicións practicamente testemuñais a case repetir a representación de hai catro anos. Outros candidatos que non tiveron tanto acerto, ou incluso cometeron erros nesa porfía, perderon a oportunidade de potenciar liderados que os levarían a multiplicar apoios. Un pequeno espazo televisivo é concluínte para o resultado electoral. Clinton e Trump sábeno, aquí algúns empezan a decatarse diso.
Buscar
Servicios
El Grupo
Comentarios